Monday 29 de April de 2024

O concello de Fene súmase á campaña da “Hora do Planeta”


Dende a concellería de Medio Ambiente anímase á veciñanza a participar na iniciativa

As luces da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene e as da Casa do Concello e Praza do alcalde Ramón Souto González permanecerán apagadas o vindeiro sábado entre as 20.30 e as 21.30 horas, atendendo ao chamamento da organización ecoloxista WWF para participar nunha nova edición da “Hora do Planeta”. A Concellería de Medio Ambiente anima aos veciños/as a participar nesta iniciativa, apagando o sábado -nese mesmo horario- as luces dos seus domicilios.

A “Hora do Planeta” é unha campaña da WWF que empezou no ano 2007 en Sidnei, Austraia, como un xesto simbólico de loita contra o cambio climático. Once anos despois continúa a ser maior campaña de mobilización ambiental da historia. Unha expresión multitudinaria do sentir de millóns de persoas que piden a implicación comprometida de todos e todas fronte ao cambio climático, a meirande ameza ambientan á que nos enfrontamos.

O ano pasado participaron milleiros de cidades de 187 países do mundo que apagaron máis de 12.000 monumentos e edificios icónicos, unindo a cidadáns, empresas, concellos e institucións para, entre todos e todas, “cambiar o cambio climático. Así, a Hora do Planeta estase a converter nunha “oportunidade única en defensa do planeta, promovendo estilos de vida sostibles e fomentando o desenvolvemento renovable e a conservación dos nosos bosques, mares e recursos naturais”.

Un ano máis, o Concello de Fene, a través da Concellería de Medio Ambiente, ven de subscribir a carta de adhesión á chamada da WWF, comprometéndose a apagar as luces exteriores da Casa da Cultura-Museo do Humor e as da Casa do Concello e Praza do alcalde Ramón Souto González o sábado 24 de marzo, entre as 20:30 e as 21:30 h., e a facer un chamamento á veciñanza para que secunde esta iniciativa.

#EuApagoPor un Planeta Vivo. E ti, por qué apagas?